Transmisión do VIH entre persoas con vaxina

 

A día de hoxe, por culpa da cisheteronorma, sigue faltando información sobre a transmisión do VIH entre persoas con vaxina. O certo é que aínda que as probabilidades son moito menores o risco non é despreciable, polo que nesta semana da loita contra a sida queremosche explicar os métodos de prevención.

 

Algúns métodos que se poden utilizar son por exemplo o Dental Dam, unha fina lámina que se coloca sobre a superficie vaxinal e deixa sentir igual, tamén se pode facer cun preservativo masculino cortado, ou un condón feminino, que cubre o interior vaxinal e parte dos labios. Por outra parte, debes de lavar os teus xoguetes sexuais cada vez que os uses, e ter cuidado con feridas en partes que entran en contacto cos fluxos.

Por mor desta desinformación, a xente que entra dentro deste grupo é moito máis vulnerable, xa que polo xeral non se nos educa a usar certos métodos de protección ante as enfermidades de transmisión sexual, como pode ser o mesmo VIH, e quedamos expostas a este tipo de riscos. Para solucionar isto podemos educar ás crianzas en estos aspectos sen tabúes nin normatividade, e esixir a educación sexual dirixida a persoas LTB dentro do sistema educativo, na mesma medida que se imparte a cisheteronormativa.